viernes, 20 de diciembre de 2013

NADAL 2013

Fixemos poesías, preparamos o anuncio: "Se chove, que chova! para o festival, murais, poesía e unhas magníficas postais para as persoas que máis queremos.
 Tamen participamos no concurso de postais de nadal do E.N.L e estas quedaron como finalistas:                                                                                                Raúl Benéitez.  

        Sheila Seco.

                               Raúl Carballeda.

       Rubén González

                               Jaime Godás.

                               

  BO NADAL!

QUE A FELICIDADE CHEGUE A TODOS OS FOGARES. 





martes, 3 de diciembre de 2013

Menú saudable

As charlas sobre saúde sempre son importantes porque aprendemos moito e afianzamos o que xa estudamos na clase.

Neste caso tratábase de coñecer os beneficios dos alimentos para combinalos ben e facer comidas nutritivas.

Na nosa idade e en todas e moi importante alimentarse ben.


 BO PROVEITO!






lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

                      Fixemos unha receita con castañas para a exposición



ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN


PARA O TERCEIRO CICLO

CONCURSO DE CASTAÑAS

1ª Carlos André Silva.

2ª Sara Xiaosong Dguez.

3ª Antía Expósito.

4ª Nerea Carreiro.

5ª Nayeli Iglesias.

6ª Emma González.

7ª Diego Alonso.

ACTIVIDADES PARA PRACTICAR NA CASA: 
 
 
Un webquest:

A cantiga: “Non chas quero”.
 
un xogo de magosto moi divertido:

Cantigas, adiviñas, refráns e alguna lenda:



domingo, 3 de noviembre de 2013

SAMAÍN


O SAMAÍN

O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro. Os celtas esa noite colocaban velas dentro das caveiras dos seus inimigos mortos, nos cruces de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, para arrepiaren os inimigos.
Algúns pobos seguen facendo rituais e costumes a carón das cabezas dos inimigos.
O samaín coincide con Hallowen, festa infantil onde os nenos tallan caveiras e disfrázanse de meigas, pantasmas...
As cabazas, no samaín, úsanse para tallar caveiras. Hai que abrilas e sacarlles a polba e as pebidas, despois recórtanse os ollos, o nariz e a boca, cada quen como queira.
Paula Trigás Nogueira

Fai máis de 2.600anos, chegaron os Celtas a Galicia, traxeron moitas cousas entre elas o Samaín.
A data do Samaín, era a máis perigosa, xa que ese día, os mortos viran ao mundo dos vivos. Para afastalos dos castros, poñían no alto das muradas ou castradas, caveiras iluminadas dos inimigos mortos.
Os meses Celtas, son 13, xa que estaban calculados sobre a base do calendario lunar, baseado nas trece lúas cheas.
O ano Celta, estaba organizado en catro festas principais:
  • Samaín; 1 de novembro, comezo do inverno.
  • Beltaín; 1 de maio, comezo do verán.
  • Lugnasad; 1 de agosto, recollida dos froitos.
  • Imbolc; 1 de febrero, cristianizada posteriormente.
Sara


A palabra samaín simplemente significa fin do verán e comezo do inverno. Celébrase a noite do 31 de outubro ao un de novembro. Na cultura céltica o samaín considerábase a noite máis perigosa do ano, xa que, as portas do máis aló, mentres permanecian abertas as ánimas entraban no mundo dos vivos.

Os celtas, para afastar dos seus castros ás ánimas, colocaban nas muradas dos seus castros as caveiras dos seus inimigos mortos e iluminábanas con cadeas. 

Agora nós tallamos as nosas caveiras con cabazas; nas Rías baixas chámanse calacús, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira e colondros en Ourense.

O hoxe chamado Halloween descende do samaín, durante esta festa disfrazámonos de pantasmas, monstros, vampiros.....etc.

Os celtas aproveitaban esa noite para deixarlle ofrendas aos seus familiares mortos.
Juan José Casero Díaz.


É unha festividade de orixen celta que había en Europa hasta a súa conversión ao cristianismo , na que a noite do 31 de octubre se celebraba o fin da temporada das cosechas e era considerada como o ano Novo Celta.

A procedencia do nome é gaélica e significa “fin do verán”.

 Rafael Lopez Loureiro (profesor na Coruña) redescubriu esta tradición e comprobou que existía en Galicia. Comprobou que estaba unido ás cabazas co culto á morte.


Na vila de Ribadavia celébrase “a noite meiga” onde o seu castelo e rúas énchense de pantasmas, bruxas , vampiros …………………

O magosto nace como evolución do Samaín celta.

R. Benéitez

Samaín é una palabra gaélica que significa “remata o verán”. Celébrase a noite do 31 de outubro, que era o período máis perigoso do calendario celta. Xa que ese día abríase un portal entre o mundo dos mortos e o mundo real. Para afastar aos espíritos poñían una cabaza iluminada. Esta tradición exténdese por Galicia e parte de España. Cada lugar dalle un nome distinto.
 
Outra tradición é tallar as cabazas no Samaín, que nos invita a celebrar o Halloween, aínda que este foi exportado fai uns anos, polo tano ten a súa orixe no Samaín.

Os celtas eran politeístas, crían en moitos deuses. Dise que as súas festas concordaban co cambio das estacións. Ademáis consideraban as cabezas dos seus inimigos coma un premio.

E moitos anos despois, o cristianismo escolleu estas datas para o día de Todos os Santos e para o día dos defuntos.

Rubén Feijóo

LENDA DA CABAZA
Hai moitos anos, nunha aldea irlandesa había un monxe chamado Jack que se cría moi astuto, tanto que ata fixo un pacto co demo .
O pacto consistía en que se facía mal na terra ao morrer non o deixarían entrar ao inferno.
 Jack fixo mal na terra, entón, ao morrer non puido ir con Deus, nin co demo. O castigo foi ter que vagar toda a eternidade cunha cabaza con cara de medo e dentro un anaco de carbón ardente que nunca se apagaría .
Antía.
                                                  
CURIOSIDADES
Samaín en galés coñécese como:”Nos Calan Gaef ” que significa "fin do verán".No  calendario celta representa a conxunción entre a auga e a terra.  
ACTUALIDADE
Na actualidade séguese celebrando coas cabazas, e disfrazándose de zombies góticos, meigas, etc. Tamén se celebra o Hallowen ,que é o Samaín e que os irlandeses  exportaron a América.
Antía.

O samaín é o antecedente europeo do Halloween americano.
Esta tradición en Galicia exténdese por toda a súa xeografía dándolle nomes distintos,en Pontevedra son calacús,na zona da Coruña caveiras ou calabazotes é en Ourense colondros.
Hoxe en día celébrase disfrazándose de pantasmas,vampiros,bruxas ou zombis e fanse desfiles e representacións teatrais relacionadas coa noite de defuntos

Sheila Seco.
 
Pastas de Samaín.
Duración: 35min
porciones:10-20(depende del tamaño)
INGREDIENTES:
150g de mantequilla
80g de azúcar glas
1yema de huevo
200g de harina
40ml e leche
Ralladura de limón y naranja
Sal
Frutos secos,guindas, cholatitos, fondang, etc(para decorar)
Mantequilla para engrasar la bandeja
ELABORACIÓN
Poner la mantequilla en pomada(entre liquida y solida,calentada en el microondas)en el interior de un bol,agregar el azucar glas y la yema de huevo,batir bien.
A continuación,añadir una pizca de sal,las ralladuras y la leche.
Por último agregar la harina tamizada de golpe hasta obtener una masa homogénea y un poco dura.
Cargar en una masa pastelera y crear formas: calabazas, fantasmas, vampiros, brujas,......   sobre una bandeja previamente engrasada con mantequilla o bien sobre un papel de horno.
Hornear 10 min a 180º aprox.
Una vez fria colocar adornos o bañar con chocolate
CONSEJO
La masa se puede guardar en la nevera y antes de su utilización se debe sacar para que se atempere.
Por:Antia


A CABAZA

As plantas da cabaza son rastreiras,recóllense no outono, son orixinarias de América del Sur.
Prántase no medio do millo para protexelas do sol e das xeadas moi fortes tamén en terras ácidas.
As follas son verdes e amplas. E as flores son laranxas e comestibles;
Dentro da cabaza hai moitas pebidas que son ovaladas e comestibles despois de secas; cómense coma froitos secos. Tamén son as sementes das cabazas.
A cortiza da cabaza madura é moi dura.
En cada sitio de Galicia chámase dunha forma diferente: colondros, calacús, calabazotes,.. Hai moitas variedades de cabazas de diferentes formas e cores.

Utilízanse para facer potaxes, cremas e doces; para extraer aceites vexetais; para facer as caveiras do samaín e para alimento dos animais.



Como facer unha pantasma

Material:                                    
Cola branca
Unha gasa grande
Alambre
Un globo
Unha botella de plástico
Cartulina negra

1º Paso
O primeiro é facer o soporte. Para iso hai que recortar a base dunha botella. Despois inflar un pouco o globo , darlle forma ao alambre e colocalo todo deste xeito:


2º Paso
Misturar cola branca e auga en partes iguais nun recipiente e meter dentro a gasa, escurrila e despois colocala sobre o soporte, dándolle forma. Deixar secar durante un día e retirar a estructura.

3ºPaso
Recortar os ollos en cartulina negra e pegalos sobre a gasa.

Paula.

El segador de
Vidas.
Esta mañana como todas las demás Simón desayunó, cogió su bastón se puso su jersey y salió de casa a dar un paseo; desde que se jubiló hace 8 años, lo viene haciendo diariamente. Llegó al parque que estaba junto a su casa. Camino hasta el banco donde siempre se sentaba a esperar a que el sol calentara sus viejos huesos.
Sobre las once treinta de la mañana al sol brillaba en el cielo, levantó la cabeza y lo miró, en ese momento vio como una sombra oscura se acercaba; no se asustó, creyó que su vista cansada le estaba jugando una mala pasada, pero al acercarse más la sombra, se dio cuenta de que no era su vista sino que algo oscuro se acercaba a el, era como una capa larga con capucha y una guadaña con su retorcido mango y una hoja también oscura y oxidada, guadaña que flotaba en el aire junto a la oscura capa.
Comenzó a sentir cierto miedo e inquietud, y cuando la capa y la guadaña llegaban junto a él vio que no había nadie en la capa, solo vacío y oscuridad, si pudo escuchar una voz inhumana que le dijo “esta noche vendré a buscarte.” En ese momento esa oscuridad y miedo desapareció, y se dio cuenta de que había llegado la hora de despedirse, tenía unas horas antes de iniciar el viaje.
Durante todo el día Simón trato de arreglar todos sus asuntos pendientes, de repasar su larga vida, despedirse de familia y amigos, siempre sin decir ni lo que había visto ni lo que iba a ocurrir.
Cuando empezaba a anochecer, se puso su mejor traje, cogió el bastón y camino hasta el parque, era una noche en la que no se podía ver la luna llena, por la cantidad de nubes que la cubrían.
Después de un momento pensó que todo lo que había visto era un mal sueño y que aún no había llegado su hora.
Con estos pensamientos en la cabeza, levanto la vista y vio como las nubes de abrían enseñando una luna llena brillante como, jamás había visto, en este momento comenzó a ver que la sombra se acercaba y en ese momento ya sin asustarse creyó que realmente había llegado su hora.
La sombra llego a su lado y con la misma voz que la de la mañana la dijo “Simón acompáñame.”
A la mañana siguiente dos chicas que hacían deporte por la mañana vieron como en un banco del parque estaba sentado un señor mayor con su bastón al lado.
Simón había muerto y el segador de vidas recolecto un alma más.

Emma y Nayeli.
 
Buscamos información en Páxina web  "Recursos para o Samaín"

martes, 22 de octubre de 2013

TEMPO DE VENDIMA


A Vendima
A vendima é o acto de recoller as uvas. A época da vendima coincide co final do setembro e principios do outubro pero pode variar según o clima, se no verán fai calor pódese adiantar a vendima e se fai mal tempo pode estragar as uvas.

Nalgunhas tradidións inflúe o cuarto da lúa para decidir en que data se fai a vendima.

Estes son algúns refráns sobre a vendima:
  • Coida a viña e terás vendima.
  • En setembro vendima correndo.
  • O que non vima, non vendima.
  • Poda en Marzo, vendima no regazo.
  • A bo viño non hai mal bebedor.
  • A viña non quere máis sombra ca do amo.
  • Do bo viño, bo vinagre.
  • Despois do San Martiño, deixa a auga e bebe viño.
  • Inda non é viño e quere ser vinagre.
  • Ninguén se emboracha co viño da casa.
  • O bo viño cría bo sangue.
Información búscada en:WIKIPEDIA por Sara e Juanjo.

 
A VENDIMA DOS MEUS AVÓS

Os meus avos son uns especialistas da vendima , xa que viven no Ribeiro nun lugar coñecido polo seu bo viño .
A vendima é a arte de cortar as uvas que se fai cara o mes de setembro e outubro.
É moi interesante ver como ao dar varias mans de sulfato van medrando e madurando os acios ata que chega a hora de cortalas cunhas boas tesoiras, gardalas nos sacos e levalos no trator ata a adega. Alí písanse ou prénsanse os acios separando o pelexo do viño , despois o bagazo métese no interior das cubas para que fermente , pasados entre 12 e 15 días sepárase o bagazo do viño e deixase repousar unhos días e xa esta listo para beber .
Co bagazo moita xente fai augardente .
Para min a vendima é coma unha festa pois toda a familia se xunta para axudar aos avós. 
NEREA CARREIRO.


A vendimia é a acción de recolectar a uva para colleitala como alimento ou para facer no viño. A época da vendima é entre os meses de agosto e outubro, depende do viño desexado.
As variedades de viño: Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Monterrei e Valdeorras son as máis internacionais.
Hai dous tipos de vendima: a manual e a manual e a mecánica.
  • A vendima manual: é a utilizada para viños espumosos e de calidade. Esta maneira e a máis difícil para o viticultor xa que debe estar ao sol e facer un gran esforzó físico.
  • A vendimia mecánica: é a máis económica. Esta sole utilizarse nas grandes explotacións.
Ademáis certas tradicións teñen en conta o cuarto de Lúa para decidir a data da vendima. Existe una especie chamada viño de xeo, que se colleita de noite.
Sobre a vendima existen diversos refránse tamén música popular relacionada coa vendima. 
RUBÉN FEIJÓO GONZÁLEZ
 
A vendima en Galiza faise a finais de setembro ou principios de outono. Faise en comunidade, normalmente, os vecinos ou familiares axúdanse uns aos outros.
Córtanse os acios das uvas,e despois transpórtanse ao lagar onde se pisan cos pés descalzos.
Despois faise o prensado,para eliminar o bagazo do viño, pásase as cubas para que fermente unhas semanas onde se vai formando o alcohol, cando deixa de ferver, sepárase o bagazo do líquido.
Cos restos das uvas faise a augardente.
SHEILA
 

A vendima é a recollida de uvas para facer o viño. Faise na maior parte do mundo, no hemisferio Norte faise entre xullo e outubro.
A vendima pode ser manual ou mecánica, pero sempre respetando unhas normas como que as uvas deben estar maduras, que non estén molladas, facela en horas non moi cálidas, non aplastalas...
Primeiro recóllense as uvas, despois prénsanse para separar a polpa do pelexo e extraer o zume. Por último gárdase en cubas, xunto co bagazo, para que fermente.
Paula


viernes, 18 de octubre de 2013

O baobab


O BAOBAB

O Baobab é unha unha árbore do continente africano, chamada popularmente  “árbore botella” ou “árbore farmacia” .Pode chegar a medir de 5 a 30 metros dependendo da especie . Esta árbore ten un tronco groso con forma de botella e cheo de nós. A cortiza  é lisa e a súa madeira fibrosa, con pouca auga no seu contido.
Pode almacenar entre 6000 e 100.000 litros de auga. As flores do Baobab son hermafroditas, grandes, brancas e duran só unha noite. Polinízana os morcegos e os insectos. Florece de maio ata agosto.

O froito do Baobab ten forma de melón alongado. As sementes desta árbore teñen forma de ril. Mide entre 16 e 45 cm. 

As súas follas son simples ou dixitadas, é dicir, con forma dunha man, e poden medir desde 10 a 15 cm.

 Hai 8 especies de Baobab, entre elas 6 son de Madagascar, 1 de África e outra de Australia. 

Unha lenda do Baobab di :
se unha persoa bebía auga onde se houbera mollado sementes de Baobab  estaría protexido dos ataques de cocrodrilos. Pero se osa arrancarlle unha flor este morrería devorado por un león".

Buscado en wikipedia e no froito do Baobab. Por Sheila,Rubén e Brais.

lunes, 16 de septiembre de 2013

CURSO NOVO! SETEMBRO 2013


MI VERANO.

El verano es mi estación favorita, la mayor parte del tiempo es soleado y caluroso y maduran algunas frutas como los melocotones, los melones, las sandías etc...

Este verano me han pasado muchas cosas buenas han sido tres meses de diversión.
He estado con mi perro Luki:

Tiene siete meses, es de raza Beagle, es un macho y le encanta jugar con pelotas, cuerdas y huesos de goma.

 
He ido de pesca:
 
Es una trucha común, de 34cm y pescada en el coto intensivo del río Arenteiro.

.....y de caza.

Es un jabalí de unos 55kg, de unos dos años de edad; fue levantado de su escondite por mis 6 perros de caza y abatido por mi padre en el pueblo de Seoane.

Fui a la playa, a la piscina, he estado una semana en Vigo y allí con la marea muy baja he practicado submarinismo, he visto: chocos, sepias, rodaballos, rayas..., he leído cuatro libros:

“El pequeño Nicolás”, “El corsario azul”, “Scooby-Doo y el tesoro sumergido” y “ El diario de Greg 2", La ley de Rodrick”.

En el verano me lo he pasado muy bien, pero al final del verano llega ese momento en que te aburres, echas de menos a los compañeros que no ves durante el verano y tienes ganas de empezar el colegio, estudiar, hacer cosas y empezar un nuevo curso con alegría.

  Juan José Casero Díaz.




martes, 18 de junio de 2013

FESTIVAL

        

 O  día18 de xuño participamos no festival de fin de curso interpretando a canción "Adeus co meu corazón". Fixémolo moi ben! e foi unha experiencia moi divertida xa que tocabamos para todo o terceiro ciclo (Non cabemos todos no Salón). Algúns tiñan un pouco de vergoña, porque había unha parte que nos resultaba un pouco difícil pero coa axuda de Cecilia a nosa mestra de música non nos saíu nin un chisco mal.

Ensaiamos cinco ou seis veces ata que nos saíu ben e o único que necesitamos para facelo ben foi, a parte da frauta e ter memorizada a canción, sentirse seguro de si mesmo e confiar uns nos outros, un pouco de ritmo e.......... Adeus a todos co corazón!.

O que máis nos gustou foi de:
Cuarto que tocou, bailou e cantou coa súa banda Varón Dandy.
Quinto A que  bailou moi ben o Gentleman.
Quinto C que recitou moi ben a Rosalía.
Os de Sexto B gustounos a obra que eles mesmo inventaron
E por último Sexto A que tamén bailaron ben.

Foi o mellor festival dende que estou na Uceira.

Antía.    




lunes, 17 de junio de 2013

Coliño e o seu novo amigo




 Era un conto difícil de contar porque ten un vocabulario o que non estamos afeitos

Seguro que despois de pasar tantos nervios resultouche unha experiencia moi positiva que seguro che vai axudar para máis adiante. 


Ademáis os teus compañeiros axudáronche a facer as ilustracións nas cartulinas que quedaron moi bonitas.

Sodes uns artistas! 

Espero que no próximo curso se apunten outros e nos mostren as súas habilidades.                                                                      

domingo, 16 de junio de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga




Fixemos estes murais para saber do pasado.

Utilizamos diferentes páxinas, o libro de texto e unha páxina do Repositorio de contidos do Espazo Abalar que nos pareceu moi interesante.
Gustounos o tema porque para saber do presente temos que saber de onde vimos.

Quedamos aquí o curso que vén seguiremos con máis estusiasmo.

lunes, 10 de junio de 2013

SAÍDAS

Inolvidable excursión.

O día 29 de maio do 2013 fomos de excursión a Pontevedra e a Forcarei. En Pontevedra visitamos o museo provincial no que había exposicións de xoias de ouro atopadas: colares, pendentes, torques, fibelas e diademas .
Outra exposición tiña cousas de prata feitas en diferentes continentes, había cousas como axóuxeres, pastilleiras, coroas, cubertos ……… ,para min a mellor exposición .
Por último unas cantas salas adicadas a exploración de Méndez Nuñez na que nos enseñaron algúns dos seus mobles, vestimentas, armas, cadros, coleccións de madeiras, etc.
Nunha sala había unha maqueta da Santa Maria o barco co que se descubríu América, era impresionante.  A continuación unha sala igual na que Nuñez se reunía cos seus navegantes, quedei ca boca aberta.
Raquel, a nosa guía enseñounos lugares da parte vella de Pontevedra ou antes chamada Ponte Vella, unha nova cousa aprendida.
As prazas da Verdura, da Ferrería, da Leña,a do Pan e o Leite;por toda a cidade había curiosas fontes, vimos as ruinas de Santo Domingo, a da Peregrina, patroa de Pontevedra e a de Santa María.
Nas rúas había escritas cousas e tamen vimos ao famoso loro Robachol moi querido que ao morrer a banda pontevedresa lle adicou unha canción, algo raro sendo só un loro.
Vimos parte da muralla, contáronnos lendas raras pero bonitas,vimos moitos cruceiros pero todo foi visto baixo os soportais xa que non parou de chover e chegamos empapados.
Tras comer no colexio A Xunqueira collemos camino cara Forcarei no que vimos o seu planetario situado no alto dunha montaña. Facia moito frío e o enorme telescopio estaba nunha cúpula xiratoria. Na planta de abaixo había un ordenador e unha pantalla dixital na que nos enseñaron fotos.
Chegamos agotados, aprendín moitas cousas e o mellor foron as ruinas da igrexa de Santo Domingo.
Mereceu a pena!
Nerea Carreiro Vàzquez. 
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O día vintenove levanteime, almorcei, vestinme como calquer outro dia para ir o cole pero non era un día calquera, ía de excursión a Pontevedra. 

Collemos o autobús na parada da Veracruz sobre as dez menos cuarto. O día estaba chuvioso pero para mín presentábase moi especial.
 Despois dunha hora de viaxe chegamos, baixamos e presentáronos á guia que nos ía acompañar polas rúas de Pontevedra. 

Fomos as ruinas da igrexa de Santo Domingo, vimos tamén escudos e prazas.

 Raquel, que así se chamaba a guía, explicounos que os escudos servían para representar as familias.

 Na praza da leña, que se chamaba así porque alí se vendía leña antigamente,ao lado está o museo provincial Entramos nunha sala onde había utensilios de pedra, ouro e prata. Tamén estivemos nunha sala que parecía un barco e moitas cousas máis. 

Despois de comer fomos ao observatorio  astronómico de Forcarei. Vimos un telescopio enorme e tiña unha cúpula que se movía dun lado a outro.
 Ao sair do observatorio volvemos de novo ao autobús moi cansados. Na viaxe de volta a
  o Carballiño fun mirando moitas das fotos que saquei na excursión. Chegamos á casa cansados pero moi contentos porque a excursión foi moi divertida.

Diego Alonso González.