domingo, 28 de abril de 2013

Traballos de Plástica

                    Fixemos un libro.

Púxémoslle o título na portada (real ou inventado), na contraportada un eslogan sobre a lectura.
Utilizamos os materiais que tiñamos cada un á man.
O deseño propio, aquí puxemos algúns para que vexades que somos uns artistas. Imaxinación non nos falta.

Agora temos que escribir a historia o soporte xa o temos.



miércoles, 24 de abril de 2013

A voltas coas Matemáticas

Andamos en Matemáticas a voltas co eixe de simetría, a semellanza e a translación. Para completar o tema puxémonos a facer grilandas, debuxos e traballos en cuadrícula de diferentes tamaños.

INSTRUCCiÓNS PARA FACER UNHA GRILANDA

1-Dóbrase o papel en “zig-zag” facendo que quede con forma serpenteada.
2-Debúxase o obxecto, animal, cousa,flor…. facendo que toque nos laterais do papel.
3-Recórtase o debuxo agás as partes que unen os debuxos.
 Juanjo
Traballando o eixe de simetría en Plástica.








A semellanza



 A cuadrícula resultounos difícil para traballar nela. Algúns tivemos que repetir bastantes veces o traballo, pero finalmente resultáronnos  bastantes gratificantes

 A traslación
Outros dos problemas que nos encontramos  foi ao trasladar puntos. Eso de contar cadriños parece ser que non nos vai ben. Un exercicio que en principio nos parecía moi fácil resultou que non o foi tanto.
Pero púxemoslle moito empeño.

No curso que n moito mellor!









martes, 23 de abril de 2013

23 de abril


DÍA DO LIBRO
El 2 de abril de 1805 nace en Odense(Dinamarca) Hans Christian Andersen, autor de moitos libros de Literatura infantil coñecidos por todos vós, El patito feo, La sirenita,....Esta data queda marcada para conmemorar todos os anos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil a partir de 1967.
En 1616,e un 23 de abril  fallecen dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e Willian Shakerpeare. por eso se elixe esta data para celebrar o Día do Libro.

Na clase fixemos actividades relacionadas coa data. Este ano lemos poesía, o libro de Rosalía que nos propuxeron na Biblioteca "Miña casiña, meu lar".

A verdade é que nos resultou ben, lemos continuamente uns para os outros e incluso se nos sumaron compañeiros da clase do lado.

Fixemos moitos slogans, frases, actividades diversas, lemos, contamos, falamos , só  queda que ti descubras, experimentes o que se poden aportar que é moito.










miércoles, 10 de abril de 2013

Carta

Carballiño,9 de abril de 2013

Queridas pantasmas:
Paréceme ben que veñades ao planeta Terra . Pero hai un pequeno problema , a min non me dades medo pero sí aos meniños pequenos que encanto escoitan a palabra pantasma asústanse moito .Por iso pidovos o grande favor de que non asustedes aos nenos senón aos maiores , animais…
Tamén aquí, hai unhas certas normas coma: non merodear polas rúas pasadas as catro da mañá , non habitar en vivendas familiares e sí en castelos abandoados como o de Monterrei, faiados, tenebrosas covas … ...........
Ah si! ,que non se me esqueza! que nin se vos pase pola cabeza comer a comida de algún habitante terrestre .
O que non cumpla as normas que se ateña as cosecuencias .
Estou deseando que cheguedes .
Cordiais saludos a vosa estimada amiga terrestre .
 Nerea.

Estimadas Sras. Pantasmas:
Son un neno do planeta Terra, chámome Diego, e grazas aos meus contactos no seu planeta Bort entereime que queren vir á Terra para asustar á xente. 

Alégrame moito decirlles que xa hai moito tempo que nós como os bortianos, tamén lle perdemos o medo as pantasmas, e que moitas das que vivían aquí tiveron que marchar para outros planetas.
 Aconséllolles que non veñan, xa que sería unha pena que perderan o tempo; busquen outro lugar onde si poidan asustar.

Un saúdo. Diego Alonso.

Queridas Pantasmas de Bort:

Xa sei que vós queredes vir á Terra, por min ben pero, non volo recomendaría porque na terra hai moita contaminación e ao mellor no é moi bo para vós e tamén hai xente moi porca que tira os seus desperdicios na auga, e contaminan.
Ademáis na Terra non hai moitas casas, faiados ou castelos abandoados para vivir neles, e os que hai estan (como decilo) inhabitables e cheos de arañas e ratos e gatos que poden estar enfermos e famentos.

Se queredes que vos dé unha opinión sobre o que queredes facer direivos que é moi mala idea.

Na Terra hay moita xente obsesionada co tema das pantasmas, esas persoas se vos pillaran meterianvos nunha cámara de seguridade ou algo polo estilo; obligaríanvos a facer cousas moi loucas e poderían maltratarvos.

Creo que estou esaxerando, non é para asustarvos pero.....................

Espero que vaiades a un planeta onde haxa xente medoñenta.

Debuxo de André
Un saúdo.
Antía

O Carballiño 9-4-13
Queridas pantasmas:

Escríbovos esta carta para que saibades que no planeta Terra hai moitos nenos que teñen medo ás pantasmas.

Acepto a vosa decisión porque se asustades aos nenos e quedades ledos a min váleme.Pero preocúpome por vós porque os nenos xa coñecen os vosos trucos.

Asi que,felices días de estancia na Terra

Un bico
Brais.


O Carballiño, 9 de Abril de 2013

Queridas pantasmas:
Escoitei que ao mellor vindes á Terra. A min por una parte non me gustaría moito que me dirades sustos. Pero os Bortianos, trátanvos fatal e a min tampouco me gusta que me traten mal.Así que se tendes coidado e non nos asustades moito podedes vir á Terra.
Temos, moitos castelos vellos, casas e pobos abandoados, donde poderiades vivir e sair pola noite, pero non nos asustedes os nenos, polo menos ós que temos medo.

Gustaríame saber se sodes moitas e se hai nenos e nenas pantasmas, que é o que comedes e como vos divertides.

Se vindes podedes vivir mellor ca no planeta Bort, aquí ninguén se rirá de vos, case todos os humáns temos medo, sobretodo os nenos pequenos.

Se decidides vir avisádeme antes, para que non me dedes un bo susto; despois de que vos coñeza poderiamos xogar xuntos.

Espero que decidades ben.

“Coidádevos moito”
Emma.


lunes, 8 de abril de 2013

Os hórreos

OS HÓRREOS
O hórreo é unha construción antiga e típica de Galicia.
Hórreo de Outeiro de Arriba(O Irixo)

Serven para gardar o millo e outros cereais para que se sequen durante o inverno. Solíanse facer nas eiras onde podía haber varios, e tamén podían estar cerca das casas.
O máis grande do Irixo. Sueir
Están levantados do chan sobre uns pés de pedra, que poden ser cilíndricos ou cadrados, por riba unha mesada de pedra, aos lados postes de pedra e entre eles levan balaustres (que poden ser de madeira ou de pedra) cada tramo de balaustres é un claro. Pode ter un, dous, tres, catro ou máis cada hórreo . O tellado estaba feito de palla ou lousa e agora tamén de tella. 
Os frentes de pedra cunha porta ou dúas. Encima da porta gravaban o ano no que foi feito.
Os hórreos poden ser de ladrillo, de pedra e madeira ou de pedra só. Antigamente tamén os había de vimbio con pés de pedra e de forma redonda, o tellado de palla con forma de cono.
Estaban levantados do chan porque así non podían entrar os ratos e aireábanse ben as colleitas.Ademáis dos tornarratos tamén había os tornaformigas que era unha foxa chea de auga para evitar que subiran polos pés.
Frente: porta, adorno e placa.
Torcela(O Irixo)
Reciben distintos nomes según a zona onde se atopen:Cabaceira, canastro,     celeiro, piorno, palleira, cabazo...
Hórreo asturiano
Antígamente dicían que canto máis grande era, máis rica é a familia.
O máis grande de Galicia está en Carnota, construido no século XVIII, ten vinte e dous pares de pés.
Hórreo de Paciños
Louredo(Maside)
 Atópanse distribuídos polas comunidades de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria. 

Óscar e demáis compañeiros.
Hórreo de Paciños

Eira de hórreos








viernes, 5 de abril de 2013

Viaje a Panamá

-->
PANAMÁ

Parte vieja
Edificios nuevos
Estas vacaciones de Semana Santa he ido a Panamá con mis padres a casa de mis abuelos y a visitar a mis padrinos. Hemos visitado la ciudad de Panamá, paseamos en bicicleta, fuimos a la playa y de compras en los enormes Centros Comerciales.

Panamá es un país situado en Centroamérica, entre Costa Rica y Colombia. Tiene clima tropical, porque es húmedo y de temperaturas altas. Hay dos estaciones: la seca conocida como verano y la lluviosa con muchas lluvias y tormentas.

Edificio financiero
En Panamá la moneda es el balboa y el dólar americano.

 Existen nueve provincias: Panamá, Darién, Colón, Coclé, Veraguas, Herrera, Los Santos, Chiriquí y Bocas del Toro. También existen las comarcas indígenas.

Lo más importante es el Canal de Panamá que permite a los barcos pasar del Océano Atlántico al Océano Pacífico y al revés, ahorrando distancia y tiempo. Está formado por tres pares de esclusas (Las esclusas son el mecanismo por el que los barcos pasan por el canal)
 
En la ciudad de Panamá destaca el contraste entre la zona antigua y las zonas más modernas, con rascacielos altísimos de lujo. Por ejemplo, los tres edificios más altos de Latinoamérica están en la ciudad de Panamá.
Parte del canal
Pero lo más bonito de Panamá son sus playas y sus islas, la mayoría con pocos turistas. En el mismo día puedes estar en una playa del Caribe y en una del Pacífico, separados por unos 80 Km.
Paseando por la cinta costera
Se puede ir a algunas islas en cayuco, como Isla Grande, y a otras en avioneta.


La comida típica es el Sancocho, plátano frito, yuca frita ….
                                              Paula.

jueves, 4 de abril de 2013

Viaxe a Portugal

Nesta Semana Santa eu fun de viaxe a Mérida, Portimao, Sagres,O Cabo de San Vicente, O Algar Seco que pertence a Carboeiro,Lagos e Albufeira no Sur de Portugal.  O problema foi a choiva sobre todo en Lagos porque se non chovía estaba nubrado. O que máis me gustou foi o Algar Seco porque faciá calor e tamén porque o que vin era moi antigo e ademais era impresionante porque víase o mar enfurecido e había grandes olas.

Mérida

Mérida é a capital de Extremadura , na provincia de Badaxoz . É unha cidade coñecida en todo o mundo pola importancia do conxunto arqueolóxico e monumental,  foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1993 . 
Ten un gran número de monumentos .
 A cidade foi fundada no ano 25 antes de Cristo co nome de Emerita Augusta por Octavio Augusto, emperador romano. Durante séculos e ata a caída do Imperio Romano, Mérida foi un importante centro económico, militar e cultural .
Praia de Portimao
Sagres
O Algar Seco

O Algar Seco é unha paraxe rochosa e de acantilados situado a poucos kilómetros da localidade de Carvoeiro no Algarve .
Lagos
Portimao é unha cidade portuguesa que se atopa na provincia de Algarve, distrito de Faro. O centro da cidade está situado na beira do río Arade e a 2 km da Praia da Rocha, importante centro turístico da zona. Ten unha poboación de 55.818 habitantes.

Jaime Godás Della Ripa 5ºB