martes, 18 de junio de 2013

FESTIVAL

        

 O  día18 de xuño participamos no festival de fin de curso interpretando a canción "Adeus co meu corazón". Fixémolo moi ben! e foi unha experiencia moi divertida xa que tocabamos para todo o terceiro ciclo (Non cabemos todos no Salón). Algúns tiñan un pouco de vergoña, porque había unha parte que nos resultaba un pouco difícil pero coa axuda de Cecilia a nosa mestra de música non nos saíu nin un chisco mal.

Ensaiamos cinco ou seis veces ata que nos saíu ben e o único que necesitamos para facelo ben foi, a parte da frauta e ter memorizada a canción, sentirse seguro de si mesmo e confiar uns nos outros, un pouco de ritmo e.......... Adeus a todos co corazón!.

O que máis nos gustou foi de:
Cuarto que tocou, bailou e cantou coa súa banda Varón Dandy.
Quinto A que  bailou moi ben o Gentleman.
Quinto C que recitou moi ben a Rosalía.
Os de Sexto B gustounos a obra que eles mesmo inventaron
E por último Sexto A que tamén bailaron ben.

Foi o mellor festival dende que estou na Uceira.

Antía.    




lunes, 17 de junio de 2013

Coliño e o seu novo amigo




 Era un conto difícil de contar porque ten un vocabulario o que non estamos afeitos

Seguro que despois de pasar tantos nervios resultouche unha experiencia moi positiva que seguro che vai axudar para máis adiante. 


Ademáis os teus compañeiros axudáronche a facer as ilustracións nas cartulinas que quedaron moi bonitas.

Sodes uns artistas! 

Espero que no próximo curso se apunten outros e nos mostren as súas habilidades.                                                                      

domingo, 16 de junio de 2013

A Prehistoria e a Idade Antiga




Fixemos estes murais para saber do pasado.

Utilizamos diferentes páxinas, o libro de texto e unha páxina do Repositorio de contidos do Espazo Abalar que nos pareceu moi interesante.
Gustounos o tema porque para saber do presente temos que saber de onde vimos.

Quedamos aquí o curso que vén seguiremos con máis estusiasmo.

lunes, 10 de junio de 2013

SAÍDAS

Inolvidable excursión.

O día 29 de maio do 2013 fomos de excursión a Pontevedra e a Forcarei. En Pontevedra visitamos o museo provincial no que había exposicións de xoias de ouro atopadas: colares, pendentes, torques, fibelas e diademas .
Outra exposición tiña cousas de prata feitas en diferentes continentes, había cousas como axóuxeres, pastilleiras, coroas, cubertos ……… ,para min a mellor exposición .
Por último unas cantas salas adicadas a exploración de Méndez Nuñez na que nos enseñaron algúns dos seus mobles, vestimentas, armas, cadros, coleccións de madeiras, etc.
Nunha sala había unha maqueta da Santa Maria o barco co que se descubríu América, era impresionante.  A continuación unha sala igual na que Nuñez se reunía cos seus navegantes, quedei ca boca aberta.
Raquel, a nosa guía enseñounos lugares da parte vella de Pontevedra ou antes chamada Ponte Vella, unha nova cousa aprendida.
As prazas da Verdura, da Ferrería, da Leña,a do Pan e o Leite;por toda a cidade había curiosas fontes, vimos as ruinas de Santo Domingo, a da Peregrina, patroa de Pontevedra e a de Santa María.
Nas rúas había escritas cousas e tamen vimos ao famoso loro Robachol moi querido que ao morrer a banda pontevedresa lle adicou unha canción, algo raro sendo só un loro.
Vimos parte da muralla, contáronnos lendas raras pero bonitas,vimos moitos cruceiros pero todo foi visto baixo os soportais xa que non parou de chover e chegamos empapados.
Tras comer no colexio A Xunqueira collemos camino cara Forcarei no que vimos o seu planetario situado no alto dunha montaña. Facia moito frío e o enorme telescopio estaba nunha cúpula xiratoria. Na planta de abaixo había un ordenador e unha pantalla dixital na que nos enseñaron fotos.
Chegamos agotados, aprendín moitas cousas e o mellor foron as ruinas da igrexa de Santo Domingo.
Mereceu a pena!
Nerea Carreiro Vàzquez. 
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O día vintenove levanteime, almorcei, vestinme como calquer outro dia para ir o cole pero non era un día calquera, ía de excursión a Pontevedra. 

Collemos o autobús na parada da Veracruz sobre as dez menos cuarto. O día estaba chuvioso pero para mín presentábase moi especial.
 Despois dunha hora de viaxe chegamos, baixamos e presentáronos á guia que nos ía acompañar polas rúas de Pontevedra. 

Fomos as ruinas da igrexa de Santo Domingo, vimos tamén escudos e prazas.

 Raquel, que así se chamaba a guía, explicounos que os escudos servían para representar as familias.

 Na praza da leña, que se chamaba así porque alí se vendía leña antigamente,ao lado está o museo provincial Entramos nunha sala onde había utensilios de pedra, ouro e prata. Tamén estivemos nunha sala que parecía un barco e moitas cousas máis. 

Despois de comer fomos ao observatorio  astronómico de Forcarei. Vimos un telescopio enorme e tiña unha cúpula que se movía dun lado a outro.
 Ao sair do observatorio volvemos de novo ao autobús moi cansados. Na viaxe de volta a
  o Carballiño fun mirando moitas das fotos que saquei na excursión. Chegamos á casa cansados pero moi contentos porque a excursión foi moi divertida.

Diego Alonso González.