lunes, 10 de febrero de 2014

DEBUXO DE ANTÍA

Este debuxo foi completado por Antía engádelle detalles e tamén coloreado ao seu gusto.Os compañeiros e compañeiras escriben.....
  • Ten boa imaxinación e é creativa.Debuxa moi ben e ten moi bo gusto para as cores.Pintou con distintas técnicas e distintas formas.
  •  Encántanme as cores que ten, é tan colorido! Debuxa moi ben e fíxolle moitos detalles. O que máis me gusta  son os detalles que fixo na roupa da científica. 
  • Gústame moito, case todos os compañeiros, copiamos o debuxo do lado, pero ela non o copiou, senón usou a súa imaxinación, e non podo dicir que está ben, está xenial (perfecto).
  • Paréceme que esforzouse moito nos detalles e que ten moitas cores. Hai que fixarse nos estampados. O máis importante é que ela non copiou o debuxo, usou a imaxinación.
  • É moi colorido e moi chamativo. A min o que máis me gusta do debuxo e a mestura de cores que ela fixo en todo o debuxo.
  • O debuxo paréceme moi bonito por que utilizou moitas cores e tamén porque lle levou moito traballo. Encantoume o seu debuxo, propio dunha artista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario