viernes, 4 de abril de 2014

SEMANA DO 1 AO 4 DE ABRIL


Insertar en Blog - collages

"MURAL POLO BO TRATO" 
Dende a comisión de Convivencia propóñennos facer un mural de sensibilización na comunidade escolar.
Despois de tratar o tema na clase elaboramos o noso que está exposto no taboleiro do pasillo.



martes, 1 de abril de 2014

31 de marzo

Visita ao claustro de San Francisco e ao auditorio de Ourense
O claustro de San Francisco está situado na parte máis alta de Ourense, fronte o auditorio. Desta obra foi cambiada a verdadeira igrexa pedra a pedra en 1.929.
O claustro de San Francisco ten forma cuadrangular con 63 arcos apuntados e 76 puntas dobres salvo as 4 últimas que son únicas.
O claustro modificouse nun centro cultural. E foi declarado Monumento Nacional en 1.923.
Este claustro “gótico”, (que os seus arcos terminan en punta) presenta unha colección de adornos (leóns, cabalos, cans…).
Un claustro é un xardín rectangular que ten nos seus catro lados unha galería con arcos que descansan en columnas dobres. No centro sole estar axardinado, e no centro un pozo ou unha fonte. Os claustros solen estar edificados.
Despois de explicarnos todo iso, a profesora e outro profesor fixéronnos unha foto de recordo para así, recordar a visita ao claustro de San Francisco.

Despois de ver o claustro de San Francisco, fomos ver ao  auditorio unha obra de humor máis música, foi moi divertido. Tratábase duns músicos, (catro) que aparte de tocar instrumentos xogaban co público, facían o bobo… pero aparte diso era que eles facíano todo xunto, tocaban e por exemplo que tocaban uns instrumentos vestidos de sevillanas e dicíanlle ao público que aplaudise.
Eu rinme moito gustoume bastante, so que hai un pequeno inconveniente que é, que as súas bromas son de nenos de 3º curso, e nós somos nenos de 5º e 6º curso, ou sexa que hai bastante diferenza, pero aparte de ese pequeno inconveniente todo estivo bastante ben.
Nunca esquecerei esta visita a estes sitios.
SARA

O día 31 de marzo fixemos unha excursión a Ourense. Primeiro fomos o claustro de San Francisco, de estilo gótico, as súas columnas tiñan cada unha un grabado distinto, todo era moi bonito. Logo fomos o auditorio, onde o pasamos moi ben, escoitando os distintos instrumentos de percusión que había no concerto.
Ao chegar ao colexio, pola tarde viñeron uns deportistas que practicaban taekwondo e enseñáronnos uns vídeos, e logo fomos ao ximnasio e alí ensináronnos a dar volteretas, patadas… Ese día, o 31 de marzo foi moi divertido, paseino moi ben.
                                                                                                Diego Alonso González.

O luns 31 de marzo os alumnos de 5º e 6º tivemos unha excursión a Ourense. Visitamos ó claustro de San Francisco,ten 63 arcos apuntados. Os capiteis das columnas teñen tallados diferentes debuxos de follas e animais.Ao claustro faltáballe a fonte ou o pozo.É gótico.
Despois, fomos ao auditorio a ver ao grupo Odaiko, que tocan instrumentos de percusión, algúns deles reciclados. Trataba de catro percusionistas que iban a diferentes sitios de España e tocaban música típica de cada lugar.
Foi unha maña moi divertida e na que aprendemos moito.
Sheila y Paula.
   
 Hoxe, os meus amigos e máis  eu fomos a Ourense a visitar o claustro de San Francisco e a escoitar unha representación teatral no Auditorio de Ourense.O claustro de San Francisco encóntrase na zona alta desta cidade, preto o auditorio.
 Este edificio ten unha planta rectangular con 63 arcos apuntados e 76 columnas dobre, agás as catro primeiras e últimas columnas que son únicas e de fuste cuadrilobulado.
   
Despois de irnos del, fomos o Auditorio de Ourense e escoitamos moitas cancións. A que máis me gustou foi na que utilizaron instrumentos feitos con obxectos reciclados. Cando terminou, déronnos unha entrada gratuita para o día que quixeramos. A banda que tocou chámase Odaiko e era un grupo de percusión.
O claustro de San Francisco, tamén é gótico e xunto a él encóntrase o cemiterio de San Francisco, onde están soterrados moitas persoaxes da cultura da cidade. Ademais, este cemiterio foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2000, mentres que o claustro foi declarado Monumento Nacional en 1923. O claustro está aberto ao público dos martes aos domingos
Brais Cid Dacoba.

O día 31 de marzo pola mañá, visitamos a cidade de Ourense. Fomos de excursión co colexio; primeiro visitamos o claustro de S. Francisco. É precioso, ten un verde e relucinte xardín cunha fonte no medio, arredor do xardín había pasillos longos e anchos, o teito estaba suxeitado por dobres columnas, cada unha tiña gravados distintos, como por exemplo: follas, tortugas etc. Tamén había cristaleiras cunha especie de escudos gravados, eran moi bonitos. Ao saír do claustro déronnos uns folletos donde explicaba moitas cousas do claustro.
A continuación, fomos ao auditorio ver unha obra musical. Ao mesmo tempo que improvisaban unha música moi pegadiza realizaban esceas cómicas moi divertidas.
Pola tarde, xa no colexio, tivemos unhas clases de taekwondo donde o pasei bastante ben.
Inda que ese día non tivemos clases normais, o que fixemos durante todo o día foi como unha clase un pouco especial. Paseino moi ben.
 Juanjo.
 

Hoxe, foi un día diferente; fixemos unha saída a cidade de Ourense. Alí visitamos o claustro de S. Francisco e vimos unha obra teatro-musical no auditorio que estaba xusto ao lado.
Saímos do colexio as dez e media e chegamos as once. Visitamos o claustro de S. Francisco, que tiña moitas columnas dobres e arcos de estilo gótico. Nas esquinas había gravados de pedra, ademáis nos capiteis había gravados en pedra animais e prantas. O centro estaba axardinado. Explicáronnos que antes era un cuartel de soldados.
Máis tarde, fomos a unha obra teatro-musical ao auditorio. A obra estivo moi ben; xa que combinaban o teatro coa prcusión coordinada. Algo me gustou moito. Estaba moi animado, e a veces faánnos rir. As dúas menos cuarto chegamos ao colexio.
Pola tarde tivemos unha sorpresa. Dúas chicas campeonas de europa e do mundo de taekwondo ensináronos como entrenaban e unha exhibición. Despois, practicamos algo de taekwondo, fixemos algunhas bolteretas e explicáronnos un pouco do deporte.
Foi un día cheo de sorpresas, e acabamos moi cansados.
Rubén
No ximnasio

     do colexio  

                taekwondo